TORNEO ABSOLUTO DE XADREZ DE ENTROIDO


A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum organizan o Torneo de Xadrez Do Entroido.
Celebrarase no soto da Praza de Abastos, o vindeiro domingo 6 de marzo pola tarde de 16.00 a 19:30 horas. De 16.00 a 16.10 h farase o control covid19 e a confirmación de inscrición, o torneo dará comezo de 16:15 a 19:30.
Bases do TORNEO DE XADREZ DE ENTROIDO
Organiza: Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento
Colabora: Asociación Cultural Xaquedrum, El Progreso e Deporte Galego.
Data: Domingo 6 de marzo.
Local de xogo: Soto Praza de Abastos Lugo.
Sistema de xogo: Suizo a 6 o 7 roldas dependendo do número de participantes
Ritmo de xogo: 10´+3”
Horario de xogo: Confirmación de participación e entrega de mascara ás16:00 a 16:10, 1ª rolda 16:15, clausura 19:30 horas
Emparellamentos: Realizaranse mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da seguinte rolda.
Inscricions: no formulario https://forms.gle/LvaTrnYFpJBD9krp8 antes do 4 de marzo ás 20 horas
Desempates:, bucholz -1, bucholz total, Progresivo
Premios:
Xeral: 3 trofeos para os primeiros clasificados femininos e masculinos
Absoluto no fide: 3 trofeos para os primeiros clasificados femininos e masculinos
sub-8: 1º trofeo
sub-10: 1º trofeo
sub-12: 1º trofeo
sub-14:1º trofeo sub-16:1º trofeo
sub-18: 1º trofeo
Regras de xogo:
Seguirase o protocolo Anti Covid-19 (uso de xel desinfectante, mascaras, toma de temperatura etc..), para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases.
Os/as participantes teñen que estar federados nalgún equipo, de non estalo a Escola Luguesa de Xadrez o federará gratuitamente no seu clube.
Importante: Límite de aforo. Por estrita orde de solicitude. Na zona de xogo só poderán entrar os/as xogadores/as do torneo.